HomeA CoruñaA Casa da Cultura de Neda acolle o vindeiro luns un obradoiro...

A Casa da Cultura de Neda acolle o vindeiro luns un obradoiro gratuíto sobre alimentación saudable

- Anuncio -spot_img

Preto de 30 persoas confirmaron inscricións no obradoiro de alimentación saudable que o Concello de Neda organiza o luns, de 16.30 a 20.30 horas, en colaboración coa Escola galega de saúde para cidadáns. A actividade busca dar claves para comer mellor, adquirir hábitos saudables, e ter unha dieta equilibrada.
As persoas participantes do obradoiro, que esgotou as prazas ofertadas, descubrirán, da man da nutricionista ferrolá Almudena Seijido, a importancia dunha boa alimentación para un axeitado desenvolvemento e o papel fundamental que xoga unha dieta axeitada e á hora de preservar a saúde.
Durante a sesión, falarase dos tipos de alimentos que existen, faranse recomendacións para unha alimentación equilibrada e responsable (método do prato para aprender a comer alimentos en proporcións óptimas), apuntaranse receitas sinxelas e saudables, e incidirase na necesidade de ler o etiquetado cando se mercan determinados produtos para comer.
A iniciativa, coorganizada por Concello e Escola Galega de Saúde para cidadáns, desenvolverase na Casa da Cultura de Neda e dará dereito á obtención dun diploma de participación.

Publicacións Relacionadas