HomeOurenseCelebrada a sesión extraordinaria e urxente do pleno do concello de Ourense

Celebrada a sesión extraordinaria e urxente do pleno do concello de Ourense

- Anuncio -spot_img

O Pleno do Concello de Ourense aprobou hoxe sábado, en sesión extraordinaria e urxente, o levantamento de 6 notas de reparo plantexados pola intervención municipal.
A urxencia da convocatoria viña dada pola necesidade de ser aprobados antes do remate do presente mes de xaneiro.e o levantamento destes reparos era o paso administrativo indispensable para non quedar fóra dos prazos de xustificación das axudas en:
–  Mobilidade e Accesibilidade: Obras do ascensor da Avenida de Marin e humanización da rúa Alejandro Pedrosa
– Transformación Urbana: Actuacións na Avenida de Portugal e Coto de Canedo.

-Zona de Baixas Emisións(ZBE):

Comunicación oficial da implantación deste sistema requisito clave nas axudas de sostibilidade.

As notas de reparo foron levantadas gracias ao voto favorable dos concelleiros de Democracia Ourensana e coa abstención dos grupos municipais do Partido Popular e Partido Socialista o que permite que o procedemento siga adiante e que Ourense non perda a oportunidade de que Europa sufrague parte destas inversións.

Publicacións Relacionadas