O portavoz de Podemos Ourense, Francisco Diéguez, quere manifestar a súa profunda preocupación e rexeitamento ante a resposta da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia respecto das obras que se están a executar no Xardín do Posío.
A pesar das nosas denuncias e solicitudes de inspección sobre o cumprimento da normativa ambiental e patrimonial, a Consellería desviou a responsabilidade ao Concello de Ourense, evitando asumir calquera control efectivo sobre unha obra que afecta a un espazo verde histórico e de alto valor cultural para a cidade.
Desde Podemos Ourense consideramos inadmisible esta deixación de funcións, que evidencia un vazio de control sobre actuacións que impactan directamente no patrimonio e no medio ambiente de Ourense.
Por iso, e co obxectivo de garantir que as obras cumpran a lei e se protexa o Xardín do Posío, Podemos Ourense informa de que xa presentamos formalmente un escrito:
- Denuncia ante a Fiscalía Provincial de Ourense, Sección de Medio Ambiente e Urbanismo, para que se investigue o posible incumprimento da normativa ambiental e urbanística na execución destas obras.
Podemos Ourense reafirma o seu compromiso coa protección do medio ambiente, o patrimonio histórico e os espazos públicos da nosa cidade, e non permitirá que a inacción administrativa supoña un prexuízo irreversible para a cidadanía.



