HomeA CoruñaO PSdeG anuncia o seu voto en contra ao sistema da auga...

O PSdeG anuncia o seu voto en contra ao sistema da auga proposto polo goberno ante a falta de informes da súa viabilidade

- Anuncio -spot_img

Guinarte defenderá na Comisión do Ciclo da Auga que o modelo de xestión que se vote sexa o concesional, ao considerar que é a única opción que garante os investimentos urxentes necesarios para a veciñanza.

A formación socialista xustifica esta posición na ausencia de informes sobre a viabilidade da empresa mixta defendida polo Goberno municipal, unha documentación que solicitou na anterior comisión e que non foi facilitada.

O Grupo Municipal Socialista votará en contra no día de hoxe á proposta de modelo de empresa mixta que o Goberno municipal levará á Comisión do Ciclo Integral da Auga e defenderá como alternativa o modelo concesional, ao considerar que é a única opción que garante os investimentos urxentes que precisa Santiago a curto prazo.
Na anterior reunión, o Grupo Municipal Socialista pediu ao Goberno municipal un informe sobre a viabilidade do modelo de empresa mixta que o executivo local defende a partir dun estudo encargado á Universidade da Coruña, segundo indica o voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, “ese informe non se nos fixo chegar, ese informe sobre a viabilidade dese modelo, o que para nós é fundamental”.
Segundo explica Guinarte, “nesta situación, e tendo en conta que hai un estudio anterior feito no mandato socialista que apunta a que o sistema concesional é o único modelo que garantiza unhas inversións que son absolutamente necesarias a curto prazo para o ciclo da auga, nos imos solicitar nesa reunión que o modelo que o Pleno adopte sexa o modelo concesional”.
O voceiro socialista situou esta postura fóra de criterios ideolóxicos e asegurou que “non é unha posición ideolóxica, é unha posición baseada na realidade das circunstancias de Santiago”.
Guinarte detallou algunhas das actuacións pendentes no sistema de abastecemento e saneamento e advertiu de que “Santiago necesita unhas cuantiosísimas inversións a curto prazo en abastecemento, en depósitos, na ETAP para extraer a auga do río Tambre, e esas inversións non está garantido que poidan chegar pola vía dunha empresa mixta”.
Finalmente, Guinarte defendeu o modelo concesional ao considerar que é “o único modelo que a curto prazo garantiza esas inversións que son absolutamente imprescindibles e que son urxentes”, necesarias tanto no ámbito urbano, onde cómpre renovar numerosas canalizacións, como no rural, onde aínda hai núcleos pendentes de acceso á rede de abastecemento, unha postura que, segundo indicou, responde a “razóns prácticas” e non ideolóxicas.

Publicacións Relacionadas