A unidade de móbil de inspección técnica de vehículos (itv) instalarase na Estación de Servicio San Roque (A Guarda) no próximo mes de marzo.
Do 2 ao 16 de marzo, realizaranse inspeccións técnicas de TURISMOS en horario de 9:00 a 13:30 horas e pola tarde de 15:15 a 18:00 horas; agás o luns 16 de marzo que só se atenderá pola mañá.
Para pedir cita previa, pode ser a través do teléfono 981 92 80 80 ou pola páxina web.



