- A Xunta investirá preto de 1,3M€ nunhas obras que agarda licitar neste primeiro trimestre do ano
No 2026 iniciarase a obra da senda peonil da estrada PO-352 que conecta A Guarda con Camposancos. Trátase dunha obra realizada pola Xunta de Galicia que asume o coste da intervención tras o traballo do alcalde da Guarda para que esta senda fose prioritaria na axenda autonómica.
Onte o Consello da Xunta deu luz verde ao proxecto da senda na estrada PO-352, con intención de comezar o proceso de licitación xa neste primeiro trimestre de 2026.
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, cree que esta “é unha obra estratéxica e vital para A Guarda”. “É unha intervención que non só a veciñanza de Camposancos levaba anos reclamando, senón todas as persoas usuarias desta vía pedían maior seguridade”, asegura o alcalde, “estou contento polo traballo e esforzo realizado para dar solución a esta petición”.
A obra terá como resultado unha senda duns 2 metros de ancho á beira cara o mar da estrada e será de formigón de cor terrizo. A senda facilitará o acceso a pé ou en bicicleta a praias ou ao cemiterio de Camposancos e permitirá o acceso ás vivendas.
O itinerario permitirá, deste xeito, garantir a seguridade dos peóns, paseantes e deportistas, e dos ciclistas; en definitiva, dos usuarios habituais deste camiño, animando tamén a novos peóns e ciclistas a facer uso desta ruta.
Na realización deste proxecto tamén se realizarán once muros de contención de terras par ampliar a plataforma de traballo e executaranse 365, de cunetas de seguridade. As intervencións nas redes de servizos consistirán na execución de canalizacións baixo
as sendas para o futuro soterramento das liñas aéreas e en recuamentos de postes e de
cinco puntos de luz que se ven afectados polo trazado da senda
Esta intervención ten un orzamento de preto de 1.330.000€ e enmárcase dentro do Plan de Sendas da Xunta de Galicia, incluída na Estratexia de Mobilidade e conta co cofinanciamento dos fondos FEDER 2021/2027 (Fondo Europeo de Desenrolo Rexional) da Unión Europea.



