HomePontevedraA ParadantaAsinado o novo contrato de Servizo de Atención Temperá na Agrupación de...

Asinado o novo contrato de Servizo de Atención Temperá na Agrupación de Concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

- Anuncio -spot_img


O Concello de Salvaterra de Miño ven de asinar o contrato para a prestación do servizo de Atención Temperá nos Concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente despois de Salvaterra de Miño pasara a ser o concello cabeceira. Un contrato de preto de 300.000
euros por 15 meses coa posibilidade de prórrogar por 12 meses máis.

A Atención temperá definese no Decreto 183/2013 como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o seu desenvolvemento, a súa autonomía persoal e a inclusión social. Desde os servizos de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social.

O Servizo de atención temperá está situado en cada un dos concellos participantes, en instalacións debidamente acondicionadas para tal fin, estando o mantemento do mesmo a cargo de cada un deles. Entendendo que esta opción na que o equipo profesional se despraza a cada concello supón unha mellor atención aos usuarios e as súas necesidades.

Publicacións Relacionadas