HomeA CoruñaA CoruñaA estrada baixo a AP-9 en Miodelo sen solución

A estrada baixo a AP-9 en Miodelo sen solución

- Anuncio -spot_img

A estrada situada baixo a ponte da AP-9, no lugar de Miodelo, en Bergondo, presenta un deficiencias importantes no seu firme, xerando mal estar entre a veciñanza que o emprega a diario ao tratarse da conexión entre a AC-161 cunha estrada municipal moi transitada.

O goberno local demanda a intervención da Demarcación de Estradas do Estado de Galicia ao tratarse dunha vía sobre a que o Concello non ten competencia polas súas características e situación administrativa.

Dende o Concello de Bergondo xa se solicitou a AUDASA a canalización das baixantes de auga da autoestrada, xa que parece o principal motivo de deterioro da vía, recibindo unha contestación negativa por parte da concesionaria. Ante esta situación o executivo local traslada agora a súa petición á Demarcación de Estradas do Estado de Galicia para que adopte unha solución definitiva.

A estrada presenta unha situación administrativa complexa: trátase dunha sevidume no ámbito da AP-9 e aberta ao tráfico nos anos 90, situase nos lindes co Concello de Betanzos e cunha titularidade catastral pouco clara. Esta indefinición está a provocar que a vía este nun limbo competencial mentres o seu estado continúa empeorando.

Alternativa insiste que a veciñanza non pode seguir pagando as consecuencias desta falta de coordinación entre administracións e reclama unha resposta urxente.

Publicacións Relacionadas