HomeXunta de GaliciaA Xunta destina 650.000€ ao impulso de accións e iniciativas de promoción...

A Xunta destina 650.000€ ao impulso de accións e iniciativas de promoción da igualdade no eido local

- Anuncio -spot_img

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria que poderán solicitarse desde mañá e prevese que poidan beneficiarse máis de 1.800 mulleres de 72 concellos galegos

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, anunciou que desde mañá xa se poderán solicitar as axudas destinadas ao impulso de accións e iniciativas de promoción da igualdade no ámbito local, nas que a Xunta inviste máis de 650.000 euros. Así o avanzou durante unha visita ao Centro de Información á Muller de Coirós, un dos beneficiado na pasada convocatoria.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases desta orde de achegas que poderán solicitar os concellos e que está cofinanciada pola Unión Europea a través do programa FSE+. En concreto, as accións beneficiadas deberán centrarse na promoción da igualdade, na atención e acompañamento xurídico, psicolóxico ou social, así como a orientación sociolaboral das mulleres en situación de vulnerabilidade. Así, cada proxecto poderá recibir un máximo de 28.000 euros nas iniciativas que se desenvolvan en máis dun concello e 15.000 cando só se realicen nun municipio.

Durante a visita, María Quintiana avanzou que esta orde de achegas poderá beneficiar a algo máis de 1.800 mulleres de aproximadamente 72 concellos galegos. Neste sentido, puxo en valor o papel que desenvolven as entidades locais na promoción da igualdade de xénero e na loita contra as violencia machistas grazas á súa proximidade e facilidade para chegar a toda a cidadanía con accións de sensibilización e prevención ou a través de recursos como os CIMs.

Por outra parte, a directora xeral denunciou que o Goberno central paralizou o Plan de Choque da dependencia e da discapacidade da Xunta por un afán puramente recadatorio. Así, explicou que coas máis de 12.500 homologacións automáticas da discapacidade realizadas pola Xunta o pasado ano, o Executivo central deixou de recibir 114 M€, causando un importante dano a todos os galegos.

Publicacións Relacionadas