HomePontevedraRedondela oferta cursos gratuítos “para eliminar a fenda dixital”

Redondela oferta cursos gratuítos “para eliminar a fenda dixital”

- Anuncio -spot_img

– O departamento de Novas Tecnoloxías ofrece este 2026 diferentes cursos para facilitar á cidadanía a formación necesaria para realizar xestións, trámites electrónicos ou o uso do DNI electrónico, facilitando o acceso aos servizos públicos dixitais. A rexedora subliñou “o compromiso municipal coa eliminación da fenda dixital e a autonomía da veciñanza no mundo tecnolóxico”.

-A alcaldesa entregou este mediodía os diplomas aos participantes dos cursos do trimestre pasado, que foron valorados de xeito moi positivo polo alumnado. Rivas salienta a importancia de impartir estes cursos tanto en Redondela como en Chapela e agradeceu “a implicación e esforzo” tanto dos participantes como da docente que impartir as clases.

A alcaldesa, Digna Rivas, presidiu hoxe a entrega de diplomas aos participantes nos últimos cursos de alfabetización dixital, destacando “o esforzo e a implicación” dos alumnos e tamén da docente que imparte as aulas, Silvia Benavente. Esta formación, impartida dende o a concellería de Novas Tecnoloxías que dirixe Antonio Cabaleiro, tivo como obxectivo capacitar á veciñanza no manexo de ferramentas tecnolóxicas esenciais no día a día. Durante o acto, a alcaldesa puxo en valor a utilidade práctica desta formación, na que os asistentes aprenderon, entre outras competencias, a realizar trámites electrónicos coa administración, xestionar a sede electrónica e utilizar o DNI electrónico para procedementos seguros. “O noso obxectivo é que ninguén quede atrás na transformación dixital. Estes cursos son unha ferramenta clave para a autonomía e a igualdade de oportunidades da nosa veciñanza”, afirmou a rexedora. Un total de 80 veciños e veciñas, cunha media de idade duns 50 anos, participaron nas actividades, aínda que contaron tamén con alumnos de ata 82 anos.

A formación permitiu aos participantes perder o medo ao uso de internet e dispositivos electrónicos, convertendo a tecnoloxía nunha aliada para a vida diaria. A alcaldesa felicitou aos graduados pola súa constancia e reiterou o compromiso do goberno local de continuar con estas iniciativas de formación continua para fomentar unha sociedade “máis conectada e accesible, e rachar coa fenda dixital”.

Novos cursos dixitais 2026

A Concellería de Novas Tecnoloxías desenvolverá durante este 2026 diferentes cursos nas Aulas CeMIT de Redondela e Chapela. Trátase de cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral e que abarcan diferentes ámbitos da informática, tanto de iniciación como de perfeccionamento. Realizar trámites en liña, xestións administrativas, DNI e firma dixitais, así como o uso da Intelixencia Artificial, edición fotográfica ou creación de vídeos. Os participantes aprenden tamén o manexo de tabletas a nivel básico para crear contido, compartir información, vincular co móbil e co ordenador. Tamén se ofrece formación máis específica para o manexo de bases de datos, traballo con táboas e LibreOffice. Os cursos comezarán no mes de maio e a matrícula ábrese o próximo luns, 9 de febreiro. As instancias poderán recollerse na páxina web www.redondela.gal, no Centro de Formación A Marisma, no multiúsos da Xunqueira e nas Dependencias dos Servizos Sociais de Chapela. Máis información en  formacion.informatica@redondela.gal e novastecnoloxias@redondela.gal.

Publicacións Relacionadas