HomeA CoruñaO Concello asina un convenio co Colexio de Arquitectos para facilitar e...

O Concello asina un convenio co Colexio de Arquitectos para facilitar e axilizar as tramitacións urbanísticas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oleiros implementou hoxe un novo servizo tecnolóxico que simplificará e axilizará a tramitación dos expedientes de obra e outras autorizacións urbanísticas, reducindo prazos de xestión administrativa. Estes cambios son posibles grazas a un convenio de colaboración asinado entre o COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e o Concello de Oleiros, mediante o que haberá unha interconexión entre ambos sistemas.

Este novo procedemento permite que, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello acceda á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal. Isto permitirá descargar directamente a documentación visada no expediente municipal, tanto os ficheiros asinados como un PDF resumo que garante que coincide exactamente co proxecto aprobado polo COAG. Deste xeito, o persoal técnico pode revisar os proxectos con máis comodidade e seguridade. O sistema tamén permite identificar con claridade as modificacións cando se presenta un proxecto revisado, o que facilitará e axilizará a tramitación dos expedientes.

Nos casos de obra nova, o formulario xa está adaptado para este sistema, e nas obras máis pequenas que tamén requiren proxecto visado poderá empregarse igualmente esta vía, comunicando os datos necesarios.

Publicacións Relacionadas