HomeA CoruñaA CoruñaO Concello e a RAG presentan ‘As Rimas populares de Galicia de...

O Concello e a RAG presentan ‘As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía’, de Diego Rodríguez González

- Anuncio -spot_img

A publicación deste estudo coincide co cabodano do célebre escritor

A Casa Museo Casares Quiroga acolle este mércores 4 de febreiro a presentación do libro ‘As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía’, de Diego Rodríguez González. A publicación deste estudo no que o Concello colabora coa Real Academia Galega coincide co cabodano do célebre escritor.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou neste acto xunto ao autor do libro e o presidente da RAG, Henrique Monteagudo. “Un dos compromisos culturais da nosa alcaldesa, Inés Rey, é por en valor o traballo dos grandes autores e autoras galegas, colaborando con institucións como a RAG, coa finalidade de que a cidadanía poida acceder ao seu legado”, apuntou Castro.

Murguía non conseguiu publicar en vida as ‘Rimas populares de Galicia’. Estas foron unhas nos primeiros anuncios, outras cando se preparou a edición de 1895, e aínda outras despois, porque hai constancia de que Murguía seguiu traballando nelas. A redacción da obra avanzou sen ningunha clase de traballo de campo; el limitouse a pedir e recoller o que lle enviaban, e tratar de poñelo no contexto da vasta bibliografía á que tiña acceso. O conxunto dos materiais que conformaron os sucesivos intentos de edición chegaron a un estado avanzado, posiblemente estivesen dispostos para entrar en imprenta.

Hoxe, unha vez máis, as ‘Rimas populares de Galicia’ son outro libro: recóllense parcialmente na edición de Lois Carré, na transcrición lusitanizante de Florencio Vaamonde, nas poucas páxinas “definitivas” que conservamos de Murguía tanto na Real Academia Galega como na Fundación Barrié.

A pesar de todos os accidentes que puido ter, este legado, cuestionado en múltiples ocasións, mais indubidablemente auténtico, é esencial para profundar no estudo da poesía popular de Galicia, e aínda para reconsiderar os esquemas aceptados do romanceiro hispánico; é unha peza máis, modesta sen dúbida, para reconsiderar os esquemas dominantes sobre a tradición e a cultura popular no continente europeo.

Publicacións Relacionadas