HomeA CoruñaA CoruñaO pleno aproba 1,16 millóns de euros do Plan Único de Concellos

O pleno aproba 1,16 millóns de euros do Plan Único de Concellos

- Anuncio -spot_img

O pleno municipal deu luz verde a actuacións financiadas a través do Plan Único de Concellos (POS) por un importe total de 1.169.989 euros, destinados á mellora de infraestruturas viarias e espazos públicos do municipio.

Os proxectos aprobados inclúen a humanización e mellora da seguridade viaria e accesibilidade da Praia de Gandarío, renovación de pavimentos de diferentes viais e as beirarrúas nun tramo da AC-214 en Guísamo.

A proposta saiu adíante coa votación do goberno local, a pesar do voto en contra do BNG e a abstención do PP. Dende Alternativa criticase a postura do BNG que se opuxo, polas súas reticencias bucólicas e irrealizables en Gandarío, ás beirarrúas e os asafaltados que permitirán mellorar a infraestrutura do municipio. O BNG están a facerse oposición a sí mesmos.

As actuacións permitirán renovar 9,26 quilómetros de camiños cunha inversión de 490.189,56 euros en diferentes lugares do municipio como Saioso, Cruz do Sar, Cortes, San Cidre, O Pedrido, Trasdoval, Bos, Baldomir, San Paio, Loureda, Peteiro, Cortiñan, Rois, Santa Marta, Covas, Sobre da Iglesia e As Leiras.

Ademais, 514.998,87 euros destinaranse á humanización na Praia de Gandarío, ancheando a zona de paseo a 3,5 metros, sobre o aglomerado actual, permitindo eliminar a pasarela de madeira e, polo tanto, os custes derivados da súa conservación. Tamén se ocultarán os contedores de residuos e actuarase sobre a zona de mesas e bancos. A actuación contribuirá a unha mellora da seguridade viaria e da accesibilidade.

O proxecto de creación de beirarrúas na AC-214 entre os puntos quilométricos 0+220 e 0+454, na marxe esquerda, en Guísamo, cun oramento de 164.800,97 euros.

Publicacións Relacionadas