HomeOurenseCorte de tráfico por obras na rúa Ramón Puga, desde a rúa...

Corte de tráfico por obras na rúa Ramón Puga, desde a rúa Finca da Marquesa até a rotonda de Barrocás

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que un treito da rúa Ramón Puga, desde a rúa Finca da Marquesa ata a rotonda de Barrocás, estará pechado ao tráfico rodado desde hoxe, xoves, 5 de febreiro ás 22.00 horas, pola execución de traballos urxentes de reparación do pavimento. Até que rematen estas obras, non se permitirá o acceso de vehículos á zona afectada.

Para garantir a fluidez do tráfico e a seguridade viaria, a Policía Local establece estes itinerarios alternativos:

• O tráfico procedente de Barrocás e Rairo desviarase polas rúas Carlos Velo, José Gil e estrada de Rairo.

• O tráfico procedente do centro da cidade e do complexo hospitalario será desviado pola rúa Serra San Mamede e a rúa Finca da Marquesa.

A Policía Local lembra que será necesario extremar a precaución e adaptar a conducción ás condicións da vía, así como respectar a sinalización provisional instalada.

O corte de tráfico afectará tamén a 6 liñas do servizo de autobuses urbanos, que deberán seguir itinerarios alternativos: a número 1: Sexto Instituto – Barrocás, a 2: Covadonga – Barrocás, a 6: Antiga estación de autobuses – As Curuxeiras, a 8: Alameda – A Milagrosa – Residencia, a 11: O Viso – Santa Mariña e a 13: Palmés – Universidade Laboral.

Publicacións Relacionadas