HomeOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

  • Licenzas (6). Concedeu as licenzas de obras para os proxectos de rehabilitación e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Castelo Ramiro, a reforma interior e adaptación dun baixo a vivenda na rúa Pardo Bazán, e a demolición dun edificio na rúa Goya. Tamén estimou tres solicitudes de declaración de innecesariedade de licenza urbanística para a segregación de dúas parcelas na rúa Castro Caldelas, dun local no entrechán dun edificio na rúa Pena Corneira, e de dous locais na rúa Vistafermosa.
  • Aperturas (1). Deuse por enterada do cambio da dirección da execución material das obras dunha residencia para persoas maiores entre as rúas Vicente Risco e Ramón y Cajal.
  • Patrimonio (1). Desestimou un recurso de reposición contra un acordo anterior da Xunta de Goberno Local.
  • Infraestruturas (1). Declarou que procede a tramitación de emerxencia respecto das obras necesarias para a reparación do afundimento producido á altura do número 18 da rúa Pena Trevinca.
  • Extinción de incendios (1). Aprobou unha conta xustificativa de gastos.
  • Avogacía Consistorial (10). Deu conta de dúas sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, doutra do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 e dun decreto do Social número 4. Tamén foi informada de que o Concello deberá comparecer ante o Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense en catro procedementos abreviados, e ante o número 1 nun procedemento abreviado e noutro ordinario.
  • Fóra da orde do día (1) Aprobou un cambio nas delegacións de competencias da Xunta de Goberno Local nos concelleiros e concelleiras do gobeno municipal. Afecta unicamente á tramitación administrativa relativa á Zona de Baixas Emisións, que pasará a ser competencia de Mobilidade e Transporte Público, que dirixe Ana Fernández Nieto.

Publicacións Relacionadas