HomePontevedraAprázase o desfile de comparsas de Soutomaior para o 22 de febreiro

Aprázase o desfile de comparsas de Soutomaior para o 22 de febreiro

- Anuncio -spot_img
  • Debido á previsión meteorolóxica prevista para este sábado, finalmente, queda aprazado para o 22 de febreiro o desfile de comparsas en Soutomaior.

Debido á previsión meteorolóxica e a chuvia prevista para este sábado 7 de febreiro dende o concello de Soutomaior aprazan o desfile de comparsas para o domingo 22 de febreiro.

Unha previsión meteorolóxica que tamén cambiou a animación de rúa nos comercios a cargo de Juan de Arcade que finalmente se desenvolverá o venres 13 de febreiro e non mañá como estaba previsto.

Con todo dende o Goberno Local agardan poder celebrar o Entruido de Soutomaior dende o 13 ata o 22 de febreiro e que o tempo acompañe.

Para algunhas destas citas, como as do día 14 de febreiro, o Entruido Infantil ou a do domingo 15 de febreiro, o encontro de Entruidos, procesión do Galo e Fiada, no caso de que o tempo non acompañe trasladarase a celebración á Casa do Pobo do Val Sobral.

O desfile seguirá o mesmo guión o 22 de febreiro, comezará ás 17:30h. con saída dende o cruce do Viso. O primeiro tramo do desfile será o “tramo silencioso” para que todas as persoas poidan desfrutar en igualdade de condicións desta cita tan agardada. O tramo silencioso irá, polo tanto, dende o cruce do Viso ata o cruce de Cima de Vila.

Un desfile que estará encabezado polo pregoeiro, que será un ano máis, “Juan de Arcade”, un home popular e coñecido no concello. O desfile partirá ás 17:30h. do cruce do Viso con chegada a Talo Río, alí, a partir das 20:00h. terá lugar a lectura do pregón a caro de “Juan de Arcade”, entrega de premios e logo seguirá a festa coa actuación do Trío Armonía.

Un desfile que contará con 15 comparsas, 3 convidadas que serán Asociación Cultural Miúdos-Soutomaior, Asociación Cultural Moreira a Tope -Soutomaior e a Asociación Andaina de Persoas con diversidade funcional de Redondela. Logo haberá 12 comparsas seleccionadas para desfilar que serán: a Asociación socio Deportiva Cultural Os da Caña de Marín; Asociación Os da Casa de Vigo, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán -Mos; Asociación Carnavalera Os Campechanos de Ponteareas; Asociación Cultural de Pontellas en Porriño; Asociación Os Festeiros de Bembrive en Vigo; Asociación Cultural Luces de Tomiño; Asociación Cultural Trompos Os Pes de Marín; Asociación A Pandilla de Ponte Caldelas; Asociación Recreativa e Cultural Barca de Loimil de Arbo e a Asociación Agrupación Culural Comisión de Festas de Cepeda en Pazos de Borbén.

Trala reorganización do Entruido de Soutomaior, a primeira cita será o venres 13 de febreiro onde as pequenas e pequenos do CEIP Manuel Padín Truiteiro desfilarán polas rúas de Arcade enchéndoas de luz e cor. Unha cita que dará comezo ás 10:30h. e sairá dende o cruce de subida do colexio e finalizará na Alameda de Talo Río. Nesa mesma xornada Juan de Arcade amenizará o comercio ao longo de toda a xornada.

O sábado 14 de febreiro as pequenas e pequenos seguirán sendo os protagonistas co ENTRUIDO INFANTIL que se celebrará, se o tempo acompaña na Alameda de Talo Río, no caso de que chova o Entruido Infantil trasladarase á Casa do Pobo do Val -Sobral. Unha cita onde haberá inchables e obradoiros, e tamén estará o PEQUE DISCO MOCMOC de Mere Clown con música, circo e clown nunha auténtica disco móbil infantil e familiar, con máquina de fume, pompas de xabón, confeti, malabares con lume, luz e moito humor.

O domingo, 15 de febreiro, toda a actividade estará centrada na renovada Praza A Chan do Sobral e Casa do Pobo do Val Sobral, onde terá lugar a Festa do Galo, o Encontro de Entruidos e a Fiada.  Unha Fiada que contará con participación de grupos de música tradicional sen previa inscrición. Se o tempo non acompaña a celebración levarase á Casa do Pobo do Val-Sobral. Durante toda a tarde e ata o fin da xornada haberá chouripán, viño, auga e moito máis!

O 18 de febreiro, mércores de cinza, terá lugar o Enterro da Sardiña que sairá ás 19:30h. da Praza de Cima de Vila. O percorrido será dende a Praza, pasando pola rúa Xosé Solla para finalizaren Cagazó, no campo da petanca onde despediremos a nosa sardiña. Un evento no que colaborarán a Banda de Música Artística de Arcade, a Asociación da Xesteira, a Asociación Moreira a Tope e a Asociación Cultural Miúdos.

Un Entruido que, tras esta reorganización debido á previsión meteorolóxica, rematará, como xa dixemos, co desfile de comparsas que terá lugar o domingo 22 de febreiro.

Na parte de Promoción Económica o Entruido tamén chegará ao comercio e hostalería de Soutomaior co concurso Vaia Meco. A concelleira de Promoción económica, convida a todas a veciñanza a “visitar os establecementos comerciais e gozar da ambientación dos seus escaparates cos mecos e versos satíricos”.

Dende o Goberno Local convidan a todo o mundo a desfrutar destas datas xa que “en Soutomaior, o Entruido vívese con humor e retranca!”

Publicacións Relacionadas