A alcaldesa recibiu esta mañá aos autores de “Rojo a Babor: historia de las luces de la Ría de Pontevedra”, Enrique Abati e María Eyo, e ao presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, que edita o libro
A alcaldesa, María Ramallo, recibiu esta mañá a Enrique Abati e María Eyo, autores do libro “Rojo a Babor: historia de las luces de la Ría de Pontevedra”, e ao presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez Costa, con motivo da edición por parte do ente portuario deste libro, que agora pode collerse en préstamo ou consultarse na Biblioteca Pública Vidal Pazos.
A publicación do mesmo nace como homenaxe ao Faro de Ons, do que este ano cúmprese o centenario da posta en marcha da súa lanterna, e supón unha exhaustiva investgación sobre a historia dos sinais marítimos da Ría de Pontevedra.
Por primeira vez, recóllense nun libro os detalles e historia de cada unha das sinais que axudan á navegación na ría, desde os faros de Ons e Tambo ata as pequenas luces dos peiraos dos distintos portos, desde Aldán ata O Grove, pasando polas torres baliza que encauzan as canles seguras para as rutas marítimas no interior da Ría.
Enrique Abati foi primeiro farero e logo Responsable do Servizo de Sinais Marítimos da Autoridade Portuaria ata a súa recente xubilación e María Eyo é a Xefa da División de Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa da Autoridade Portuaria. Ambos foron tamén autores o pasado ano doutra publicación de divulgación patrimonial: “Ons, a memoria do faro”, na que se fai un percorrido a modo de inventario de pezas históricas vinculadas á sinalización e seguridade marítima.



