HomeA CoruñaO PP de Culleredo denuncia que o concello non está bloqueado, senón...

O PP de Culleredo denuncia que o concello non está bloqueado, senón mal xestionado

- Anuncio -spot_img

• O goberno de Rioboo, en minoría, impuxo nun pleno convocado ao límite do prazo proxectos sen acordar, rescatados a última hora e sen prioridades claras


• Actualizar proxectos contratados hai anos e incluídos agora no POS+ 2026 custará 165.000 euros máis por non executar as obras no seu momento


• Izaskun García: “Culleredo non necesita improvisación nin urxencias permanentes: necesita planificación, diálogo e respecto ao diñeiro dos veciños”

O Partido Popular de Culleredo denuncia que o concello atravesa un grave problema de xestión, non de bloqueo político. Segundo sinala a portavoz do PP, Izaskun García, o pleno extraordinario celebrado hoxe para tramitar a solicitude do POS+ 2026 #ante a Deputación coruñesa volveu evidenciar un modelo de goberno “sen rumbo, sen diálogo e sen planificación”.
García asegura que o alcalde, José Ramón Rioboo, volveu actuar “tarde e sen consenso previo”, impoñendo nun pleno convocado ao límite do prazo un plan de obras xa pechadas, rescatadas do caixón no último momento e sen un criterio claro de prioridades para Culleredo sobre que actuacións son urxentes e por que. “O que bloquea Culleredo non é a oposición, senón a mala xestión do alcalde. O que bloquea é chegar sempre tarde, non dialogar cando se goberna en minoría e pretender que os demais avalen decisións improvisadas”, sinala García, quen critica que non se incorporase ningunha das propostas que o PP levou ao pleno nos últimos anos a pedimento dos veciños: “Cando un alcalde goberna así, non goberna para Culleredo, goberna para si mesmo”.
O PP denuncia falta de transparencia sobre os proxectos contratados nos últimos anos e pagos con diñeiro público, cuxo listaxe leva tempo reclamando sen obter resposta, e subliña tamén o impacto económico desta forma de xestionar: actualizar varios proxectos contratados hai anos e incluídos agora no plan do POS de 2026 custará 165.000 euros máis. “Iso é unha realidade incontestable. É diñeiro que se perde por non executar a tempo”, advirte.
García sostén que “Culleredo non necesita improvisación nin urxencias permanentes, senón planificación, diálogo e respecto ao diñeiro dos veciños”. Nesa liña, reitera que o PP seguirá defendendo unha xestión útil e rigorosa dos recursos municipais e reivindica “un cambio sereno, responsable e dialogante” que sitúe por encima de todo o interese xeral de Culleredo.

Publicacións Relacionadas