O centro municipal José Ángel Valente acolle desde hoxe a exposición “Arsenal de la Quimera”, de José Lino Monjardín Fernández.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, e o artista asistiron á apertura desta mostra, que reúne medio cento de obras de mediano e grande formato, realizadas con técnica mixta á auga sobre papel, nas que destaca o gran colorido e o xogo cromático.
A exposición de José Lino Monjardín estará aberta ao público ata o día 8 de marzo na sala municipal José Ángel Valente. Na rúa do Paseo.
Horarios:
- De martes a sábado: de 11:30 a 13:30 h e de 18:30 a 21:30 h.
- Domingos: de 11:00 a 13:30 h.



