O Enterro da Lamprea celébrase o 21 de febreiro a partir das 16:30 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro.
O Concello de Salvaterra de Miño xa está preparado para dar a benvida ó Entroido do 2026
Como xa ben sendo habitual as actividades para os máis pequenos e a diversión en familia son o principal atractivo desta festividade no concello.
O Enterro da Lamprea, que este ano pecha inscricións con máis de 1600 persoas percorrendo as principais rúas de Salvaterra de Miño, celebrarase o 21 de febreiro ás 16:30 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro e transcurso polas principais rúas
da vila ata chegar á Praza do Concello. Será un día onde o espectáculo de son, luces, vestimentas e risas, moitas risas, estarán asegurados.
No desfile non faltará a comitiva da defunta lamprea coas súas incondicionais “choronas” que porán a cor fúnebre da tarde. Lembramos a quen queira que poderá acompañar a comitiva da defunta antes da súa queima na Praza do Concello, onde escoitaremos a lectura do testamento da Lamprea e haberá un chocolate quente para todos e todas.
A programación de Entroido complétase coa tradicional Festa Infantil de Entroido o martes 17 de febreiro ás 17:30 horas na Prazado Concello con música, diversión e chocolate e rosca. En caso de choiva trasladarase á Casa Cultura de Salvaterra.
E coma tódolos anos non pode faltar o desfile de disfraces dos centros educativos de Salvaterra de Miño dende o Concello ó Parque A Canuda que este ano debido a previsión metereolóxica pasará ó venres 20 de febreiro. En caso de choiva trasladarase ó Pavillón Cándido Carrera.



