• Os talleres impartiranse o próximo mes de marzo en horario de mañá
• As inscricións estarán dispoñibles ata o mércores 18 de febreiro
O Concello de Carral organiza, de fronte ao próximo mes de marzo, uns cursos formativos gratuítos de iniciación á tecnoloxía para impulsar a integración das persoas maiores de 60 anos no mundo dixital.
Estes talleres municipais impartiranse entre o luns día 9 e o xoves, 12 de marzo, en horario de mañá, das 10.00 ás 13.00 horas.
A organización desta actividade nace baixo a premisa do Goberno municipal de brindar aos maiores a posibilidade de aprender a navegar por Internet de maneira útil, proveitosa e segura, para involucralos así nesta sociedade tecnolóxica.
No que respecta a as inscricións, estas poderán formalizarse ata o vindeiro mércores, 18 de febreiro, tanto de forma presencial na planta 2 do edificio Toñito Espiñeira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, como por teléfono no 981 61 35 20. As prazas son limitadas.



