HomeOurenseA Policía Local informa dos cortes e restricións de tráfico que se...

A Policía Local informa dos cortes e restricións de tráfico que se producirán na cidade pola programación do Entroido 2026

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa dos cortes e restricións de tráfico que se producirán nos próximos días na cidade pola programación de actividades de celebración do Entroido 2026.

  • Xoves, 12 de febreiro. Restricións de tráfico no centro histórico (polas actuacións de DJs na Praza Maior e na Praza de Santa Eufemia, e polo percorrido de charangas por varias rúas da zona).
  • Venres, 13 de febreiro. Con motivo dos desfiles escolares, entre as 11.00 e as 13.00 horas (aproximadamente), haberá cortes puntuais nas rúas Sáenz Díez, Curros Enríquez, Pardo de Cela e Xesús Pousa. Tamén haberá restricións no centro histórico polas actuacións musicais e as charangas.
  • Sábado, 14 de febreiro A partir das 15.00 h, quedará pechada ao tráfico a rúa do Progreso (Alameda), desde a baixada á Praza de Abastos ata a rúa Concordia. Permitirase o paso pola rúa Parada Justel ata as 22.00 h.

AVISO. Este corte será permanente nos días sucesivos ata a retirada da carpa da Alameda (prevista para a madrugada do martes ao mércores).

Continuarán as restricións no centro histórico por mor dos DJs e das charangas.

  • Domingo, 15 de febreiro. A partir das 14.30 h, cortarase o acceso ao circuíto do desfile: avenida de Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Xoán XXIII, Progreso e Parada Justel. O tramo da rúa do Progreso permanecerá pechado ata que remate a actuación de King África na Alameda.
  • Luns, 16 de febreiro. Ás 19.15 h, pecharase o acceso ao circuíto do desfile de Frei Canedo: Ponte Romana, Avenida das Caldas, Eulogio Gómez Franqueira, Xesús Pousa. Respecto ao corte da rúa do Progreso, permitirase o tráfico pola rúa Parada Justel ata as 22.00 h (igual que o sábado). Manteranse as restricións por animación musical no centro histórico.
  • Martes, 17 de febreiro. No corte da rúa do Progreso, o paso por Parada Justel estará permitido unicamente ata as 18.00 h.
  • Mércores, 18 de febreiro Ás 00 h, cortarase a rúa Curros Enríquez (fronte á Subdelegación do Goberno) a causa do Enterro da Sardiña.

Publicacións Relacionadas