O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas
Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto unen forzas organizativas e paixón polo baloncesto un ano máis. Xuntos organizarán esta fin de semana o XII Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket “Concello de Marín” , cita que xa é referente deportivo na vila e que reúne na mesma o mellor baloncesto dos xogadores e xogadoras máis novos.
Este sábado e domingo, 14 e 15 de febreiro, as Preseleccións Autonómicas de categoría Minibasket de Galicia, Euskadi, Castilla León e Asturias, tanto masculinas como femininas, serán as protagonistas desta cita amigable que hoxe viviu a súa posta de longo da man da alcaldesa de Marín, María Ramallo; o concelleiro de Deportes, Antonio Traba; e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez.
A alcaldesa de Marín sinalou que “Marín consolídase como sede deportiva de referencia en Galicia. Acoller desde a súa terceira edición de xeito consecutivo este torneo é motivo de orgullo para toda ua vila, e reflexo do noso compromiso co deporte base e coa promoción dos valores que transmite o baloncesto aos máis pequenos”.
Pola súa parte, o presidente FEGABA destacou que “este torneo é moito máis ca unha competición: é unha aposta polo futuro do baloncesto. Ver a catro comunidades reunidas en Marín, compartindo cancha e valores, demostra que o minibasket é o alicerce sobre o que se constrúe todo o noso deporte”.
O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, subliñou que “desde o Concello de Marín seguimos apostando por eventos que poñan en valor o deporte formativo. Este torneo é un exemplo perfecto de colaboración entre institucións e de como o deporte pode ser motor de convivencia e ilusión para os nenos e nenas”.
O Pavillón A Raña acollerá o xogo en categoría feminina, facendo o propio o Pavillón do Colexio San Narciso na masculina. En ambos os casos, celebraranse os partidos en horario de mañá e tarde de sábado, e durante a xornada matinal do domingo, contando con retransmisión en directo a través da canle oficial da FGB en YouTube da totalidade dos encontros.
Pola súa parte, o presidente FEGABA destacou que “este torneo é moito máis
ca unha competición: é unha aposta polo futuro do baloncesto. Ver a catro comunidades reunidas en Marín, compartindo cancha e valores, demostra que o minibasket é o alicerce sobre o que se constrúe todo o noso deporte”.
O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, subliñou que “desde o Concello de Marín seguimos apostando por eventos que poñen en valor o deporte formativo. Este torneo é o exemplo perfecto de colaboración entre institucións e de como o deporte pode ser motor de convivencia e ilusión para os nenos e nenas.
O Pavillón A Raña acollerá o xogo en categoría feminina, facendo o propio o Pavillón do Colexio San Narciso na masculina. En ambos os casos, celebraranse os partidos en horario de mañá e tarde de sábado, e durante a xornada matinal do domingo, contando con retransmisión en directo a través da canle oficial da FGB en YouTube da totalidade dos encontros.
O calendario Completo de encontros podemconsultarse na web oficial da Federación Galega de Baloncesto :www.fegaba.com



