De continuar a situación poderían xerarse retrasos nos próximos días
Tui é un dos concellos afectados polas incidencias rexistradas no transporte ferroviario dos contedores de lixo dende a terminal de Guixar en Vigo até o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda.
Neste momentos a recollida do lixo en Tui mantense co baleirado dos contedores pero a situación que se rexistra no transporte de residuos a SOGAMA podería conlevar algún retraso mentres non se normalice a situación.
Para garantir o servizo o Concello de Tui está a trasladar directamente a SOGAMA o lixo recollido nos camións, co conseguinte incremento económico, e grazas ao esforzo e implicación dos traballadores.
Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración do persoal municipal e solicítase comprensión á veciñanza se nos próximos días, non se puideran baleirar os contedores, mentres non se normalice a situación no transporte até SOGAMA.



