HomeOurenseAs ramplas mecánicas da rúa da Concordia estarán fóra de servizo ata...

As ramplas mecánicas da rúa da Concordia estarán fóra de servizo ata o 23 de febreiro por unha avaría eléctrica de Unión Fenosa Distribución, totalmente allea ao Concello

- Anuncio -spot_img

As ramplas mecánicas da rúa da Concordia permanecerán fóra de servizo ata o vindeiro luns, 23 de febreiro. A interrupción do servizo débese aos danos ocasionados por unha avaría na rede de subministración eléctrica de Unión Fenosa Distribución (UFD).

O incidente tivo lugar o pasado mércores, 11 de febreiro, cando un fallo na rede eléctrica externa provocou unha sobrecarga de tensión que afectou á zona da rúa da Concordia e do Paseo. Esta subida de tensión danou o sistema electrónico que regula as ramplas mecánicas da rúa da Concordia.

O Concello de Ourense asumirá a reparación de urxencia para restablecer o servizo e repercutiralle os custos á empresa eléctrica. Malia que as ramplas se atopan aínda en período de garantía, o Concello requiriralle o custo á empresa como responsable directa da avaría.

Publicacións Relacionadas