HomePontevedraSoutomaior pon en marcha o proxecto Aranza Accesible

Soutomaior pon en marcha o proxecto Aranza Accesible

- Anuncio -spot_img

O Goberno Local traballa para solucionar unha demanda histórica neste barrio de Soutomaior co fin de que poidan acceder camións, ambulancias e outros vehículos de servizos.

O alcalde, Manu Lourenzo, presentou o proxecto Aranza Accesible, unha iniciativa, tal e como dixo o alcalde “que ten moitísima complexidade dadas as características do barrio e incluso dificultade de execución, por esta razón decidimos que fose a empresa ENURCOIN (liderada polo prestixioso enxeñeiro  Enrique Urcola, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia) quen redactase un proxecto que pretende resolver esta situación na maioría das vivendas do barrio”.

O proxecto realizarase en tres fases, o Goberno Local manterá xuntanzas, visitas ao barrio e contactos directo con veciños para ver as posibilidades de cesións de terreos que permitan executar esta actuación.

Tal e como dixo Lourenzo “trátase dun proxecto moi complexo que para que se poida levar adiante precisamos a máxima colaboración das administracións, dos técnicos e da veciñanza”.

O obxectivo do Goberno Local é, que se todo se fai segundo o previsto, “poidamos comezar a ver resultados deste importante proxecto a finais deste 2026”.

O proxecto Aranza Accesible  terá unha primeira fase e contará con dúas fases máis coa intención de que se garanta a accesibilidade ao maior número de vivendas posibles. Un proxecto que, contando con as súas tres fases, terá un orzamento estimado de 300 mil euros.

Para finalizar Lourenzo dixo que “con este proxecto o Goberno Local trata de solucionar un problema histórico dun barrio no que na actualidade é imposible que transiten ambulancias, camións de bombeiros… trátase de que todas e todos traballemos man con man para que esta situación poida resolverse e que a veciñanza de Aranza poida ter accesibilidade que merece”.

Publicacións Relacionadas