HomePontevedraBaixo MiñoHoxe luns 16 abre o prazo de presentación de solicitudes para a...

Hoxe luns 16 abre o prazo de presentación de solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo 2026

- Anuncio -spot_img

Reclámase unha solución á situación que o centro vive dende hai máis de 20 anos

A menos de 50 días para que se celebren as festas patronais de San Telmo o Concello de Tui traballa xa no programa festivo deste ano 2026. Así hoxe luns, 16 de febreiro, ábrese o prazo de solicitude para a instalación de atraccións de feira e outros postos no Espazo Feiral durante as festas patronais de San Telmo en Tui

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude xunto coa documentación requirida até o venres 25 de febreiro. En función do tipo de posto deberán presentar o Anexo I se se trata de atraccións ás que accede e monta o público, no Anexo II para casetas de tiro con arco, tómbolas, máquinas automáticas ou postos de expedición de produtos aos que non accede o público, e o Anexo III para os postos de venda ambulante.

O criterio de selección principal será a orde de rexistro de entrada no Concello de Tui coa documentación completa, aínda que sobre este criterio, terase en conta a non reiteración de atraccións ofertadas, as atraccións novidosas, a estética das atraccións, todo isto debidamente motivado, e que redunde no beneficio das Festas de San Telmo 2026 e o interese público. Tal e coma se recolle no procedemento non poderán montar aquelas persoas titulares da atracción que teñan algunha débeda co Concello de Tui unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.

A montaxe das atraccións realizarase o 30 e 21 de marzo xa que o 1 de abril procederase á revisión das condicións técnicas.

As atraccións débense conectar ao fío musical instalado polo concello, para evitar un impacto acústico fora dos decibelios permitidos pola normativa. Así mesmo, cando se celebre algún concerto ou actuación no recinto feiral, ou cando así o indique persoal

empregado do Concello de Tui. Para garantir o descanso da veciñanza as atraccións pecharán ás 2 h o 2, 3, 4, 10, 11, 12 e 13 de abril, ás 00 h o 5 de abril, e ás 23 h o 6, 7, 8 e 9 de abril.

Esta información pode ampliarse na web municipal e na sede electrónica.

Publicacións Relacionadas