HomePontevedraO CondadoA Federación Española de Municipios e Provincias ven de comunicar ao concello...

A Federación Española de Municipios e Provincias ven de comunicar ao concello de Salvaterra de Miño a concesión dunha axuda económica destinada ás entidades locais para a realización de actuacións relacionadas coa memoria democrática

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño solicitou a finais do ano 2025 a axuda económica destinada ás Entidades Locais para a realización de actuacións de recuperación de Memoria Democrática 2025-26 para levar a cabo a Exhumación da fosa de Salvaterra, que acaba de ser incluída no “VI Plan de Recuperación de Memoria Democrática 2025- 2026” cunha axuda de 7.500 euros.

Esta proposta de actuación nace dunha reunión mantida entre a Alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño – Condado – Louriña.

A investigación e o traballo realizado pola Comisión céntrase na busca dos restos de 3 persoas, Bernardo Bernárdez Martínez, Delfín Rey Sánchez e un descoñecido que segundo consta nas partidas de defunción obtidas no xulgado de paz municipal recibiron sepultura no cemiterio de Salvaterra.

Publicacións Relacionadas