Será ás 19 h no Teatro Municipal de Tui
Cita musical e teatral para público familiar este venres, 20 de febreiro, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. A compañía Amarelo presenta “O arcón de Noa”, baixo a dirección de Carlota Rosón e Martín Blanco.
Esta peza escrita por Lilian Portela conta a historia de Noa, que vive coa súa nai nunha casa apartada e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita nese arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser máxico goberna sobre eles.
Raquel Ferradás, Carlota Rosón e Martín Blanco porán en escena este espectáculo, que trata valores sociais e de desenvolvemento emocional como a empatía, a amizade, a cooperación, a diversidade, a inclusión e o respecto. Todo a través da linguaxe da danza contemporánea.
As entradas están á venda en tui.gal, até 10 minutos antes do inicio da función, aos prezo de 4€ e 3€.



