HomeA CoruñaSó o 15% dos 1.073 cans e gatos recollidos polo servizo municipal...

Só o 15% dos 1.073 cans e gatos recollidos polo servizo municipal de recollida e protección animal desde o ano 2012 estaban correctamente identificados con microchip

- Anuncio -spot_img

O servizo municipal de recollida e protección animal permitiu que 602 animais atopasen ou recuperasen un fogar no período comprendido entre novembro de 2012 (cando se puxo en marcha o servizo que presta Servigal) e decembro de 2025.
Segundo os datos acumulados ao longo destes máis de trece anos, 356 animais foron adoptados e outros 246 foron reclamados polos seus propietarios, o que pon de manifesto a importancia dun dispositivo que non só actúa ante o abandono, senón que tamén facilita o retorno de animais perdidos ás súas familias.
Durante ese mesmo período rexistráronse:

  • 995 recollidas de cans,
  • 78 recollidas de gatos,
  • 137 recollidas de cadáveres, actuacións que contribúen á seguridade viaria, á salubridade pública e á protección animal.
    A experiencia do servizo demostra que a posibilidade de retorno depende en gran medida de que o animal estea correctamente identificado con microchip. Sen esa información, a localización dos propietarios complícase, os tempos de estancia prolónganse e increméntanse os custes.
    Dos animais recollidos ao longo destes anos, só o 15% estaban identificados mediante microchip, o que evidencia a necesidade de seguir reforzando a concienciación sobre esta obriga legal.
    Segundo os últimos datos facilitados polo Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, o número de mascotas inscritas no noso concello é de 8.631 cans e 515 gatos.
    En Galicia hai actualmente máis de 800.000 animais inscritos no Regiac, pero, segundo estimacións prudentes da poboación total de cans e gatos na comunidade, isto podería representar arredor do 58% do total real de mascotas. Isto significa que aínda hai unha proporción relevante de animais que non están correctamente identificados e inscritos, o que dificulta a súa localización en caso de perda e o cumprimento das obrigas legais de convivencia e benestar.
    Desde o Concello de Carballo insistimos en que o cumprimento desta obriga legal é tamén un acto de responsabilidade e cariño cara aos propios animais.

Publicacións Relacionadas