HomeA CoruñaA Casa da Cultura de Lousame acolle este venres un concerto de...

A Casa da Cultura de Lousame acolle este venres un concerto de música popular iberoamericana e galega do grupo A Misela

- Anuncio -spot_img

O Concello de Lousame organiza un concerto de música popular iberoamericana e galega da man do grupo A Misela, formación musical con sede en Noia e creada no ano 2011. Unha actuación que terá lugar este venres 20 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. A entrada é totalmente gratuíta, sendo necesario anotarse previamente a través de bandoticket.com.

Con esta actuación, o grupo noiés dá comezo a un ciclo de concertos denominado “Os Sons da Misela”, que os levará a actuar tamén noutros escenarios como Outes e Malpica. Baixo a dirección musical do profesor Alejandro Guillermo, A Misela combina voces masculinas con acompañamento instrumental, creando unha sonoridade única e emotiva. En Lousame ofrecerán unha actuación baseada en música popular galega e iberoamericana. O concerto está organizado polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Publicacións Relacionadas