HomeXunta de GaliciaA Xunta sitúa a Residencia Pública Autonómica Torrente Ballester un centro referente...

A Xunta sitúa a Residencia Pública Autonómica Torrente Ballester un centro referente no envellecemento activo e saudable

- Anuncio -spot_img

Antón Acevedo destacou que o modelo de coidados galego promove unha atención de calidade que contribúa aos benestar dos maiores e a combater as situacións de soidade

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu esta tarde na festa de entroido da residencia Torrente Ballester na Coruña. Alí, destacou este centro residencial público autonómico como un referente no envellecemento activo e saudable, con iniciativas coma esta na que participan tanto usuarios como profesionais.

O director xeral felicitou a dirección deste centro por organizar eventos coma este que superan todas as expectativas e que permiten aos usuarios saír da súa rutina, fomentar a súa autonomía e ter un papel activo no día a día da residencia. Unha actividade interxeracional que contou coa participación tamén das familias e da cativada da contorna e que converteu a residencia nun escenario de película no que recrearon o roubo das xoias do Louvre.

Deste xeito, Antón Acevedo destacou que este tipo de iniciativas definen á perfección o modelo de coidados galego que impulsa a Xunta e que busca contribuír ao benestar dos maiores ao tempo que se combaten as situacións de soidade e o deterioro cognitivo. Por iso mesmo, animou a todo o equipo a seguir impulsando este tipo de actividades.

Publicacións Relacionadas