HomeOurenseO Goberno elude responder sobre os controis de seguridade nas obras do...

O Goberno elude responder sobre os controis de seguridade nas obras do AVE e limítase a repetir que “se cumpre a lei”

- Anuncio -spot_img

· O Executivo non concreta nin os mecanismos específicos de prevención nin o número e periodicidade das inspeccións laborais en Galicia e Ourense, a pesar da reiteración de accidentes mortais, tal e como alertan os senadores galegos e da provincial de Ourense, indica Rosa Sánchez Gándara

O Goberno elude responder sobre os controis de seguridade nas obras do AVE e limítase a repetir que “se cumpre a lei”. Así queda de manifesto na resposta parlamentaria na Cámara Alta á pregunta formulada polos senadores galegos e da provincia de Ourense, tal e como sinala Rosa Sánchez Gándara, pois o Executivo non concreta nin os mecanismos específicos de prevención nin o número e periodicidade das inspeccións laborais en Galicia e Ourense, a pesar da reiteración de accidentes mortais.

Os senadores de Ourense e Galicia do Partido Popular no Senado denuncian así que o Goberno de España evadiu responder as preguntas expostas sobre a seguridade laboral nas obras do AVE en Galicia, tras o accidente mortal ocorrido o pasado 18 de novembro no tramo da variante exterior de Ourense.

Na súa resposta escrita, o Executivo non detalla ningún mecanismo específico de prevención de riscos laborais, limitándose a afirmar de forma xenérica que Adif-Alta Velocidade cumpre a Lei de Prevención de Riscos Laborais e a normativa vixente. Unha afirmación xenérica que non responde ao preguntado, máxime nun contexto marcado por unha reiteración de accidentes graves e mortais nas obras do AVE en Galicia ao longo das últimas dúas décadas.

A pregunta formulada polos senadores do Partido Popular de Ourense e Galicia, Rosa María Sánchez Gándara, Francisco José Fernández Pérez, #María del Carmen Leyte Coello, José Manuel Baltar Blanco, Jose Manuel Barreiro Fernandez, Nidia Maria Arévalo, Jose Manuel Balseiro Oriol, Jose Manuel Rey Varela, #José Crespo Iglesias, Juan Carlos Serrano Lopez, María José Pardo Pumar, Manuel Santos Ruiz Rivas, Rosa Maria Gallego Neira, Verónica Casal Miguez, solicitaba expresamente resposta a que sistemas concretos utiliza o Goberno para evitar a sinistralidade laboral nestas obras. Con todo, a resposta limítase a enumerar obrigacións legais xa coñecidas —estudos de seguridade, plans de prevención ou designación de coordinadores— sen achegar información adicional, avaliable nin específica sobre a súa aplicación real en Galicia ou na provincia de Ourense.

En relación coa segunda cuestión exposta, relativa ao número e periodicidade das inspeccións de traballo, o Goberno tampouco ofrece os datos solicitados. En ningún punto da resposta especifícase cantas inspeccións realizáronse, con que frecuencia nin en que tramos concretos, a pesar de tratarse dunha información básica para valorar se existe un control efectivo das condicións de seguridade laboral. O Executivo limítase a indicar que a Inspección de Traballo e Seguridade Social investigou 13 accidentes de traballo na provincia de Ourense, incluíndo o ocorrido o 18 de novembro, sinalando que “se abriron as actuacións pertinentes”. Unha fórmula administrativa que non aclara responsabilidades, non achega conclusións e non ofrece garantías de que se estean corrixindo as deficiencias detectadas.

Ademais, o Goberno deriva a responsabilidade ás empresas contratistas, insistindo en que son estas as obrigadas a protexer aos seus traballadores, sen explicar que controis adicionais exerce a Administración Xeral do Estado como promotora dunha infraestrutura desta magnitude.

Para o Partido Popular, esta resposta evidencia unha falta de transparencia e de rendición de contas impropia #ante unha situación tan grave como a acumulación de accidentes laborais, algúns deles mortais, en obras financiadas e promovidas polo Estado. Cando se pregunta por datos concretos, o Goberno responde con xeneralidades; cando se esixen controis, refúxiase na lei; e cando se produce un falecemento, limítase a anunciar “actuacións” sen máis explicacións. “O Goberno de España tiña a oportunidade de aclarar como se está protexendo realmente a vida dos traballadores do AVE en Galicia. Optou, unha vez máis, por non facelo”, sinalan os senadores.

Publicacións Relacionadas