HomeBaixo MiñoA GuardaO guardés Juan Collazo participará no concurso “El sándwich más bueno del...

O guardés Juan Collazo participará no concurso “El sándwich más bueno del mundo”

- Anuncio -spot_img

O guardés Juan Collazo participará o próximo día 5 de marzo no concurso “El sándwich más bueno del mundo” impulsado por Delikia.

Juan é alumno do último ano de Gastronomía no Centro Superior de Hostelería de Santiago e viaxará a Madrid para presentar o seu sándwich “Galicia en pan”.

Oito estudantes competirán para que o seu sándwich sexa elixido para as máquinas de vending de Delikia. Como Juan lle explicou ao alcalde, tentou “usar produtos galegos e mostrar que se poden usar en todos os ámbitos, tamén nun sándwich de calidade”.

A súa idea parte de meter un lacón con grelos nun sándwich, realizando un pesto no que substiuíu a albahaca polos grelos. Ademais usou produtos galegos como o lacón, pimentón ou o queixo de tetilla.

Publicacións Relacionadas