HomeBaixo MiñoA GuardaO Gran Camiño prepara a seu final espectacular na cima do Monte...

O Gran Camiño prepara a seu final espectacular na cima do Monte Santa Trega

- Anuncio -spot_img

Na fin de semana, un grupo do Gran Camiño visitou o que será o final da última etapa da proba ciclista.

O grupo estaba formado polo director da carreira, Ezequiel Mosquera; o responsable de patrocinios, Fredy Velasco; os exciclistas Álvaro Pino e Óscar Pereiro; e o actor e humorista, David Amor.

Xunto co alcalde, Roberto Carrero e o concelleiro Isidro Lomba visitaron o percorrido final da etapa As Neves – A Guarda. Deste xeito, puideron ver sobre o terreo a espectacularidade do percorrido, así como as localizacións e necesidades técnicas e loxísticas.

A última etapa do Gran Camiño terá un total de 170,5Km con 2.682m de desnivel acumulado. O pelotón pasará dúas veces pola Guarda antes de realizar a ascensión final ao Monte Santa Trega.

Poderemos desfrutar deste apasionante final o sábado 18 de abril.

Publicacións Relacionadas