HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local reuniuse esta mañá na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local reuniuse esta mañá na súa sesión ordinaria desta semana, con 11 asuntos na orde do día

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse hoxe, xoves 19 de febreiro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 11 asuntos na súa orde do día.

Licenzas (8). Resolveu as solicitudes de licenza urbanística de obra para os proxectos de:

· reforma de portal e modernización de ascensor dun edificio na rúa Greco

· instalación de ascensor nun edificio da Avenida de Bos Aires

· acondicionamento de baixo para cambio de uso a vivenda na rúa Río Navea

· rehabilitación de vivendas nun edificio entre as rúas Lamas Carvajal e Arcediagos

· construción de vivenda unifamiliar en Camiño Arrieiros, Barrocás

· adaptación dun baixo para cambio de uso a vivenda, na rúa Camelias

Tamén resolveu unha solicitude de prórroga para o inicio das obras de instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Río Arnoia e aprobou unha rectificación de oficio dun acordo dunha sesión anterior.

Aperturas (1). Solicitude de licenza de obra para o proxecto de construción de instalación de estación de servizo entre as rúas Senra e Amizade, na estrada N-544.

Disciplina (1). Expediente de Disciplina Urbanística polo mal estado que presenta un inmoble na rúa Outeiro, Palmés.

Avogacía consistorial (1). Deu conta dunha sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense.

Publicacións Relacionadas