HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda visita a vinoteca La Botica antes da súa...

O alcalde da Guarda visita a vinoteca La Botica antes da súa reapertura

- Anuncio -spot_img
  • La Botica reabre mantendo a súa esencia de vinoteca e degustación gourmet

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.

Desta volta, trátase da reapertura de La Botica, a mans de Jennifer Martínez Borges. A idea do local non cambia, xa que continuará sendo unha vinoteca con degustación de produtos gourmet.

Segundo a nova xerencia, a elección do local foi moi importante, xa que pensa que é “o local máis bonito da Guarda”. Ademais, atrae a súa historia e encanto detrás, desde os tempos no que o local fora unha farmacia.

Roberto Carrero deulle á benvida ao mundo hosteleiro guardés e celebrou que “a reapertura de La Botica exemplifica que a economía local non cae, senón que rexorde, xa que un peche pode supor unha nova oportunidade para alguén, coma neste caso”.

A vinoteca La Botica, reabrirá as súas portas esta mesma tarde de venres, ás 18:30h.

Moita sorte!

Publicacións Relacionadas