HomeO MorrazoMarínO BNG continúa coa campaña de recollida de sinaturas para a iniciativa...

O BNG continúa coa campaña de recollida de sinaturas para a iniciativa de abrir Marín ao Mar

- Anuncio -spot_img

O BNG continúa a recollida de sinaturas e anima á veciñanza a achegarse á alameda Rosalía de Castro o domingo 22 de febreiro, desde as 12 até as 14 horas, para asinar e amosar o seu apoio á necesidade de recuperar espazos para uso público.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) convoca novamente á veciñanza a participar nunha recollida de sinaturas para reclamar  o cumprimento do acordo aprobado no Congreso, para a recuperación de espazos da Escola Naval Militar e Porto, e que volvan a ser de ámbito público.

A próxima recollida de sinaturas terá lugar este domingo, 22 de febreiro, na alameda Rosalía de Castro, dende as 12 até as 14 horas. O BNG anima a todas as persoas a achegarse para asinar e amosar o seu apoio a esta proposta.

Tal e como manifesta Lucía Santos, “pedimos que espazos prescindibles, sen uso necesario para a súa actividade, volvan ser de uso público. Son múltiples as cidades e vilas que foron gañando espazos, Marín non pode quedar atrás.”

O BNG agradece de antemán a participación nesta iniciativa que está tendo moi boa acollida. A dotación de novos espazos verdes tería un impacto inmediato na calidade de vida da veciñanza, ademais de impulsar a actividade económica, cultural, deportiva e social da nosa localidade. De seguro,  co apoio de todas e todos, esta proposta vai poder ser unha realidade para Marín.

Publicacións Relacionadas