HomePontevedraBNG defende a lexitimidade dos seus concelleiros para presentar a alegación aos...

BNG defende a lexitimidade dos seus concelleiros para presentar a alegación aos orzamentos

- Anuncio -spot_img

Xoan Reices, portavoz municipal do BNG, lamenta que o concelleiro de Facenda e portavoz do Goberno local, lonxe de defender a lexitimidade das contas aprobadas, optase por descualificar o recurso presentado e cuestionar a capacidade dos concelleiros nacionalistas para exerceren un dereito plenamente recoñecido pola lexislación vixente.

O concelleiro nacionalista lémbralle a Alberto Blanco que “segundo o artigo 170.1.a do TRLRFL (Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais) a respecto da capacidade para presentar reclamacións aos orzamentos, alude a que ‘os habitantes no territorio da respectiva entidade local’, teñen o dereito a exercer dita potestade, condicións que cumprimos, xa que non exclúe taxativamente a concelleiros ou concelleiras da corporación local”.

Ao respecto das condicións para promover reclamacións contra o orzamento, Reices recórdalle ao concelleiro de Facenda que no TRLRFL, artigo 170.2.a “recolle a posibilidade de levalas a cabo de ‘non terse axustado a súa elaboración e aprobación aos trámites establecidos nesta lei’, o que non fan en relación ás contribucións especiais xa que non as dedican a financiar o pago das obras que xustifican a súa imposición, contradicindo o disposto na mesma lei, como argumentamos na nosa reclamación, o que nos reafirma na nosa opinión de que o gasto en dedicacións exclusivas dos concelleiros do goberno son excesivas xa que en todo caso non se corresponden cos coñecementos nin coas capacidades de xestión dos concelleiros suxeitos de estas retribucións”.

Publicacións Relacionadas