HomeXunta de GaliciaLorenzana desta o éxito do Programa Renova o teu vehículo, que esgotou...

Lorenzana desta o éxito do Programa Renova o teu vehículo, que esgotou o crédito para particulares en apenas un mes con 1429 solicictudes

- Anuncio -spot_img

— En total recibíronse 1.487 solicitudes, das que 58 son de empresas, para as que aínda quedan 111.000 euros de crédito dispoñible

— Insiste en que este plan debería ser tomado como referencia a nivel estatal porque facilita a compra á cidadanía e é menos burocrático e máis áxil

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe o éxito do programa da Xunta Renova o teu vehículo que, en apenas un mes desde que abriu o prazo o pasado 22 de xaneiro, esgotou o crédito para particulares con 1.429 solicitudes recibidas.
Lorenzana, acompañada pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe o concesionario Galcar, onde explicou que, en total, recibíronse 1.487 solicitudes, das que 58 son de empresas, para as que aínda quedan 111.000 euros de crédito dispoñible.
Por tipo de motor, apuntou que os vehículos máis demandados foron os híbridos de gasolina (790), seguidos polos que empregan gases licuados de petróleo (GLP) (358), os eléctricos puros (129), os híbridos enchufables (90), e os de gasolina (92) ou gasóleo (19). Por provincia, A Coruña foi a que máis solicitudes rexistrou (657); seguida de Pontevedra (523), Ourense (192) e Lugo (115).
“Este resultado confirma que, cando as administracións deseñamos políticas útiles, sinxelas e ben orientadas, a cidadanía responde”, dixo Lorenzana, quen reivindicou este plan de axudas por ser “menos burocrático, máis áxil e máis eficaz”. E é que a axuda págase directamente no concesionario, sen que o comprador teña que adiantar o importe, e concédese en función das emisións, non do tipo de motor.
A conselleira lembrou que o Plan renova o teu vehículo, cun orzamento de 3,5 millóns de euros e apoios que poden chegar ata os 4.600 euros, conta co Premio Compromiso de Faconauto polo seu impacto social. E volveu insistir en que debería ser tomado como referencia a nivel estatal porque facilita a compra á cidadanía e dá estabilidade ao sector.

Publicacións Relacionadas