HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda organiza un novo obradoiro de cerámica

A Guarda organiza un novo obradoiro de cerámica

- Anuncio -spot_img

A OMIX do Concello da Guarda organiza para o mes de marzo un obradoiro de cerámica, nesta ocasión para elaborar pezas con estampación botánica.

As persoas participantes aprenderán as técnicas básicas utilizadas en cerámica e así realizar cada unha a súa propia peza. O obradoiro desenvolverase en dúas sesións, os sábados 7 e 14 de marzo de 10:00 a 13:00 horas.

Para inscribirse e/ou informarse as persoas interesadas deberán escribir ao correo electrónico da OMIX informacion@aguarda.es deixando todos os datos de contacto. As prazas son limitadas!

Publicacións Relacionadas