HomeA CoruñaMiño impulsa un novo curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos...

Miño impulsa un novo curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais

- Anuncio -spot_img

As persoas interesadas poderán inscribirse desde o 25 de febreiro ata o 3 de marzo

Impartirase durante os meses de marzo e abril e conta con tarifa reducida para as persoas empadroadas no municipio

O Concello de Miño e a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia impulsan na localidade unha nova edición do Curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais. As persoas interesadas en recibir a formación poderanse inscribir a partir de mañá, 25 de febreiro, ata o vindeiro martes, 3 de marzo.
Para poder participar será necesario ter cumpridos os 18 anos, contar como mínimo coa titulación da ESO, saber nadar e superar unha proba de acceso que se celebrará o venres 6 de marzo.
O curso desenvolverase durante os meses de marzo e abril, incluíndo as vacacións de Semana Santa. As sesións desenvolveranse os venres en horario de 17.00 a 21.00 horas; os sábados e o luns, martes e mércores de Semana Santa de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; e os domingos de 10.00 a 14.00 horas.
A formación terá un prezo xeral de 560 euros, establecéndose unha tarifa reducida de 280 euros para as persoas empadroadas no municipio (con data 01/01/2025).
Todas as persoas interesadas poden recibir máis información contactando coa axente de Emprego e Desenvolvemento local nos teléfonos 981 78 44 05 ou 881 986 645, ou a través do correo electrónico promocioneconomica.emprego@concellodemino.gal. Tamén poden dirixirse á FESSGA no teléfono 981 977 128 ou no correo fessga@gmail.com.

Publicacións Relacionadas