Ademais de todas as propostas do programa Remocea, que se desenvolven entre outubro e xuño na práctica totalidade das parroquias do noso concello, en marzo terá lugar un novo taller de promoción das TIC organizado por Amigos de Galicia coa colaboración da Concellaría de Terceira Idade, unha iniciativa que na súa primeira edición tivo unha excelente acollida.
O taller de promoción das TIC desenvolverase os días 5, 6, 12 e 13 de marzo, de 10.00 a 12.30 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. As persoas participantes formaranse no manexo dos teléfonos móbiles, correo electrónico, aplicacións como Sergas Móbil ou Whatsapp, a Chave 365, uso de máquinas de quendas ou caixeiros automáticos… e dúbidas que poidan ter os/as usuarios/as.
As persoas participantes deben ter 60 anos ou máis, ou ben ser pensionistas ou xubiladas. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude. As solicitudes poden realizarse a través da páxina web carballo.gal.



