HomeA CoruñaA alcaldesa supervisa a execución das obras no lugar de Vilamaior, na...

A alcaldesa supervisa a execución das obras no lugar de Vilamaior, na Sabugueira

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, da concelleira de Rural, Pilar Lueiro e persoal técnico, visitou o lugar de Vilamaior, na Sabugueira, para comprobar a execución das obras neste núcleo do rural. O proxecto abrangue as seis vías que articulan o núcleo e contou cun orzamento de máis de 391.000 euros, con cargo ao POS+ 2023.

Sanmartín Rei desprazouse ata esta parroquia para coñecer o desenvolvemento dos traballos e verificar as garantías do cumprimento dos traballos previstos antes da recepción da obra por parte do Concello. Os traballos incluíron a renovación total do firme do núcleo, de formigón no solo de núcleo rural e asfáltico nos tramos de entrada, incluíndo unha senda peonil que atravesa a aldea. Esta renovación mellora significativamente a drenaxe da auga da chuvia e a funcionalidade do espacio público e a súa calidade, e tamén a seguridade e accesibilidade para as persoas.

Esta actuación súmase a outros investimentos que o Concello está a realizar na parroquia da Sabugueira, como a rehabilitación do Palco da Música de Lavacolla, recén rematada, ou a redacción dos proxectos para dotar de abastecemento e saneamento varios núcleos da parroquia.

Publicacións Relacionadas