HomeA CoruñaO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha...

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos,

- Anuncio -spot_img

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos, que se vaian presentar ás probas CELGA da Xunta de Galicia.

Este curso é gratuíto e en horario de tarde (martes e xoves de 19 a 21 h). A inscrición estará aberta ata o día 10 de marzo, data na que dará comezo. Todas as persoas que teñan interese en asistir poderán inscribirse enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal

Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)

Data de comezo 10 de marzo de 2026

Horario: de 19 a 21 h todos os martes e xoves

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Inscrición aberta ata o 10 de marzo. Para inscribirse é preciso enviar un correo co nome, apelidos e teléfono a normalizacion@ribeira.gal

Publicacións Relacionadas