A inscrición, por orde de entrada no rexistro, comeza o día 3 e remata o 9 de marzo.
Coa chegada da Semana Santa nos centros escolares moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Semana Santa.
Dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2022 cun máximo de 40 prazas, levarase a cabo durante os días 30, 31 de marzo e 1 e 6 de abril na Casa Cultura de Salvaterra de Miño. O horario será de 09:00 a 14:00 horas coa posibilidade de aula matinal cun mínimo de 10 nen@s en horario de 07.30 a 9.00h. O prezo do campus é de 30 euros.
As solicitudes formalizaranse entre o 3 e o 9 de marzo ou ata esgotar prazas a través de sede electrónica (un rexistro por cada neno ou nena) ou ben por rexistro de entrada no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.



