HomePontevedraO goberno local propón a reforma integlar do campo da Gándara para...

O goberno local propón a reforma integlar do campo da Gándara para garantir a seguridade e calidade deportiva

- Anuncio -spot_img

– O Concello de Redondela levará ao Pleno a reforma integral do campo de fútbol da Gándara, no Viso, que incluirá unha nova base con asfaltado de toda a superficie, o cambio do céspede e melloras na drenaxe e o rego. Rivas explica que o proxecto orixinal presentaba “importantes eivas na base do terreo de xogo, que agora deben emendarse”.

-Os informes técnicos alertan de que o desgaste da base e a superficie actual “comprometen a seguridade dos xogadores e xogadoras”. O goberno local levará o pleno un investimento de 469.280 euros, a financiar con fondos propios, para asegurar a viabilidade das instalacións cun estado óptimo “tanto agora como no futuro”.

O Concello de Redondela presenta un proxecto para a reforma integral do Campo de Fútbol da Gándara, en Tuimil, na parroquia do Viso. A decisión do goberno local responde á necesidade urxente de intervir nunha instalación que presenta “un avanzado estado de deterioración, malia levar pouco tempo construída”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Segundo os informes técnicos, o terreo de xogo sofre deficiencias significativas tanto no céspede sintético como na súa base estrutural, o que afecta directamente á calidade do xogo e, fundamentalmente, á seguridade das persoas usuarias. Os expertos advirten que o sistema estrutural inferior “xa non garante unha superficie óptima, o que provoca irregularidades no terreo e problemas de drenaxe que aumentan o risco de lesións”.

A actuación proposta polo Concello non será un simple parche, senón unha renovación integral que incluirá a retirada completa da manta actual e da base elástica, a renovación da base con asfaltado de toda a superficie, novo céspede sintético de última xeración e melloras en canaletas, drenaxes, barandas, redes e sistemas de rego. A actuación, orzamentade en 469.280 euros, financiarase con fondos propios do Remanente de Tesouraría, para o que levará á aprobación do pleno ordinario deste mes . Dende o goberno local subliñan que o campo da Gándara “é unha peza esencial” para o tecido social de Redondela, sendo utilizado habitualmente por clubs e escolas deportivas. “Non actuar agora suporía un encarecemento futuro das obras e, o que é máis grave, a posible inutilización da instalación, prexudicando a centos de mozos e mozas”, sinala Rivas.

Un proxecto de 2017 con moitas eivas. Rivas explica que o proxecto orixinal, realizado en 2017 polo anterior goberno, presentaba “importantes eivas, sobre todo na base da superficie baixo o terreo de xogo, e agora deben emendarse”. Rivas advirte que a actuación contratada “non se axusta ás necesidades do terreo e das condicións meteorolóxicas da zona”. Segundo os técnicos, o material máis axeitado para este tipo de terreo, pola súa climatoloxía, sería unha base de asfalto. Pero o proxecto realizado polo executivo de Javier Bas estableceu que o firme fose de xabre, “o que está a xerar problemas de drenaxe baixo o céspede e provoca graves irregularidades no firme”.

Publicacións Relacionadas