HomeVigoO PorriñoO Porriño únese aos grandes eventos do PreXacobeo co nacemento do "Petra...

O Porriño únese aos grandes eventos do PreXacobeo co nacemento do “Petra Rosa Festival”

- Anuncio -spot_img

• “Estamos ante un festival que será un fito para O Porriño e tamén para Galicia”, asegura o alcalde, Alejandro Lorenzo.

O Concello do Porriño acolleu hoxe a presentación de “Petra Rosa Festival”, un novo evento do ano prexacobeo que busca consolidar o municipio como un dos grandes epicentros musicais de Galicia. O festival converterá as canteiras da vila nun escenario natural único durante catro días consecutivos, do 25 ao 28 de xuño.
O cartel reunirá algúns dos nomes máis destacados da música estatal, encabezados pola festa internacional Bresh, que abrirá a programación o 25 de xuño, e completado por artistas de referencia como Pablo López (26 de xuño), Antonio Orozco (27 de xuño) e Sergio Dalma (28 de xuño). Xunto a eles, o festival contará tamén con artistas locais, unha aposta que o alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou como “fundamental para impulsar o talento emerxente que temos no noso pobo”.
Os grandes reclamos da programación —Bresh, Pablo López, Antonio Orozco e Sergio Dalma— configuran unha das propostas máis potentes deste verán en Galicia, combinando figuras de enorme proxección con artistas da comarca da Louriña.
O espazo elixido, unha canteira de O Porriño, constitúe un dos elementos máis diferenciadores da proposta, ao integraren o símbolo máis recoñecido da localidade: o granito rosa. Neste sentido, o alcalde destacou que “somos un pobo cuxa referencia é a pedra e a industria, e un evento como este axudará a promocionar a nosa identidade”.
Lorenzo agradeceu a aposta dos organizadores e o apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra para facer realidade esta primeira edición. “Estamos ante un festival que será un fito para O Porriño e tamén para Galicia”, engadiu.
Durante a presentación, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, subliñou que o festival “nace nun momento estratéxico, nun contexto no que os eventos musicais se consolidan como ferramentas clave para a dinamización económica e turística”. Ademais, destacou que “é a primeira vez que un escenario natural destas características acolle un festival no marco dos Concertos do Xacobeo”.
Pola súa parte, o promotor José Antonio Torrano explicou que o obxectivo é ofrecer “unha experiencia completa, reforzando os concertos cunha ampla oferta gastronómica e con festas pre e post concerto con artistas locais”.

Entradas
A cita apunta xa ao éxito incluso antes do seu inicio: só o concerto de Antonio Orozco leva vendidas preto de 1.000 entradas desde o anuncio da súa participación.
As entradas para o resto da programación poranse á venda este venres ás 14:00 horas a través da web oficial: www.petrarosafestival.com
As persoas empadroadas no Porriño poderán acceder a un desconto do 20% durante os dez primeiros días de venda.
O festival está organizado polas promotoras Emotional Events e Elemental Events, coa colaboración do Concello do Porriño e o apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas