Trátase dunha obra de máis de 553.000 euros financiada a través do Plan Extra e do Plan +Provincia da Deputación Provincial que contempla a creación dunha plataforma única, ampliación do espazo peonil, buscando un ancho mínimo para o peón de 2,5 metros, mellora da eficiencia enerxética mediante a substitución das luminarias actuais por novas de tecnoloxía LED, renovación das tubaxes de saneamento e abastecemento, soterramento das liñas de telecomunicacións e baixa tensión e a instalación de novas tubaxes de alumeado público, colocación de mobiliario composto por bancos e xardineiras e sinalización horizontal e vertical.
Esta actuación busca contribuír a consecución dos obxectivos fixados na axenda 2030 e no Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) e o Plan de Mobilidade Sostible do municipio.



