HomeA CoruñaNeda volve reclamar á Xunta actuacións para garantir a estabilidade da vía...

Neda volve reclamar á Xunta actuacións para garantir a estabilidade da vía autonómica AC-862 na Volta do Poulo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda vén de dirixirse á Axencia de Infraestruturas para reiterar a solicitude de que actúe, de modo urxente, na AC 862, á altura da Volta do Poulo (Xuvia). Neste punto, dende hai uns meses, obsérvase un deterioro da estrada autonómica, “consistente nun desprazamento do conxunto vial- beirarrúa cara o noiro de contención”.

O problema sitúase entre os puntos quilométricos 7+820 e 7+860, sentido de avance dereito e, segundo constatan os servizos técnicos municipais, xa experimentou intentos de arranxo anteriores, que resultaron infrutuosos. Polo tanto, o afundimento persiste.

Por iso, e tendo en conta que o Catastro inmobiliario, recentemente actualizado coas expropiacións para ampliación do viario do ano 1984, acredita que a titularidade do conxunto calzada-beirarrúa corresponde á Xunta de Galicia, solicítase novamente a intervención para que a situación se agrave e o noiro acabe cedendo.

O escrito presentado xusto antes do entroido, reclama a Axencia Galega de Infraestruturas, órgano administrativo encargado de xestionar integramente a Rede de Estradas da Comunidade Autónoma Galega que “se realicen as actuacións necesarias cara a garantir a estabilidade da vía e beirarrúa indicadas”.

Publicacións Relacionadas